CAST | GAL

Terceira edición  (1999-2000)

 
Da primeira á segunda e da segunda á terceira, Voz Natura crece. Son xa tres cursos e confírmase a progresión ascendente do programa. 154 centros educativos de todos os niveis —excepto o universitario— presentáronse para formar parte da comunidade Voz Natura neste curso 1999-2000. O Comité Científico seleccionou 115 destas propostas nas que, en total, participarían 13.000 alumnos.
É neste curso cando Voz Natura deu o salto ao panorama internacional. A Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea interesouse polo programa e polos resultados logrados nos seus tres anos de vida. Así, no mes de maio do 2000, a vicepresidenta da Comisión, Loyola de Palacio, recibiu aos responsables de Voz Natura, quen lle entregaron un amplo informe sobre a iniciativa ambiental. Meses despois, este primeiro contacto frutificaría nunha acción editorial internacional.

Para este curso o programa contou coa colaboración da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Augas de Cabreiroá e Acquarium Galicia.
 

DESCARGAS

MEMORIA - PREMIO GALICIA 1999-2000
PREMIADOS
CENTROS E PROXECTOS
BASES
CARTEL DA EDICIÓN
CARTEL DA FESTA
LOGO